Entre a vendima e a castañeiraRamón Otero PedrayoErnesto González SeoaneVinte relatos que amosan a mestría de Otero Pedrayo no deseño de rexos caracteres rurais ou na visión lírica da terra que nutriu o conxunto da súa vasta obra narrativa. A publicación deste libro en 1957 significou o reencontro do autor coa narrativa galega, logo de máis de vinte anos. Nas narracións curtas deste volume predominan dúas liñas temáticas: o reflexo do mundo en crise no que se está a verificar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional imperante, e, a narración de sucesos relacionados co mundo do sobrenatural. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||
|