PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2025
Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece. Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse. Estamos na Galicia de 1950. África Brea vén dun lugar da costa de Muros e estuda Maxisterio en Pontevedra, onde unha das súas profesoras é María Viviana Mariño. Son tempos de penitencia e penurias, mais elas dúas vivirán a súa vida sorteando tabús.

(A Coruña, 1958) criouse entre A Coruña e Tal. Foi neno dos recados, vendeu enciclopedias porta por porta, practicou o atletismo, estudou Dereito, militou no antifranquismo e exerceu o xornalismo durante catro décadas. Ademais de Elas dúas (Premio Álvaro Cunqueiro 2025), a súa obra narrativa inclúe as novelas Expediente Artieda (Premio Xerais 2000), O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española e Premio da Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2007) e Monte Louro (Premio Blanco Amor 2009). Tamén é poeta (Estrela do norte e As sílabas do mundo) e coautor, co artista Federico Granell, de A illa de San Simón. Vive entre Pontevedra, onde dirixe a colección de poesía Tambo, e Tal, onde rexenta unha casa de vacacións e remata os seus libros. Ten unha páxina web persoal: www.luísreinúñez.com.