E outras historiasAlberto AvendañoUn libro áxil e transparente, que nos leva ata os escuros matos do misterio. Os relatos dun escritor seducido polo engado cativante das palabras. Hai nas páxinas deste libro unha preocupación pola síntese e a sobriedade que converten estas narracións nun exemplo claro do que significa un estilo áxil e transparente cando se quere poñer ao servizo dunha literatura viva. O curioso é que este estilo introduce ao lector, cunha eficacia que sorprende, nun mundo de misterio que Avendaño non ten reparos en emparentar con algúns escritores por el moi queridos, como Peter Handke e Clarice Lispector. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|