Estás aquí:

Código: 19468

DA SOIA AO GRELO. Cociña galego-chinesa

22,50 € IVE INCLUIDO

Betty León Fong achéganos en Da soia ao grelo a cultura da gastronómica chinesa desde dentro, desde a cociña caseira cantonesa real e familiar que se transmitiu de xeración en xeración durante milenios, casándoa cos produtos que Galicia nos ofrece, establecendo un diálogo entre culturas distantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/10/2026
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: cociña
Nº na colección: 21
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-647-0
Observacións:

AUTORES/AS

León Fong, Betty

Naceu en Panamá no seo dunha familia de emigrantes cantoneses. Aos 18 anos obtivo unha bolsa do Goberno alemán para estudar Ciencias Físicas en Maguncia e Aquisgrán. Alí coñeceu e casou con Xosé Luís Outes Ruso, natural de Compostela, quen a iniciou na cultura galega, á vez que ela o introduciu nos praceres gastronómicos chineses.

En 1977 mudáronse a Vigo e despois a Nigrán. Desde 1978 ata a súa xubilación en 2010 traballou na Universidade de Vigo, chegando a ser catedrática de Física Aplicada. 

Pola súa orixe chinesa-panameña sempre cociñou cociña cantonesa e caribeña. As súas actividades profesionais levárona a viaxar por medio mundo. Nas súas viaxes, a súa paixón pola gastronomía e a súa capacidade de observación e atención aos detalles, inherente a todo investigador experimental, permitíronlle degustar pratos tradicionais e exóticos, que logo procura recrear e modificar na súa cociña. Posúe unha boa biblioteca de libros de cociña e desde os dezaoito anos recreouse cociñando para ela, a familia e amizades. A cociña, a pintura e a música son as súas paixóns actuais.

En 2023 concedéronlle o primeiro premio no Certame Literario-Gastronómico Yo soy de Montalbán, con motivo do XX aniversario do falecemento de Manuel Vázquez Montalbán, onde se requiría redactar unha nova receita inspirada nalgunha novela de Pepe Carvalho, ao tempo que escribir un texto literario que a integrase nunha pasaxe do libro elixido, no seu caso, Los pájaros de Bangkok. As receitas gañadoras, “pato con Hoisin” e “flan de ovo ao baño maría”, figuran neste libro.

As súas obras

DA SOIA AO GRELO. Cociña galego-chinesa
Da soia ao grelo
22.50€ CON IVE

COLECCIÓN

cociña

A carón do lume
9788411762502
22.15€ CON IVE
A cociña de Larpeiros. 150 receitas de Benigno Campos
larpeiro
esgotado
A cociña dos Cunqueiro
A cociña dos Cunqueiro
22.35€ CON IVE
As lambetadas de LARPEIROS
As lambetadas de LARPEIROS
23.20€ CON IVE
As lambetadas de larpeiros con mandil
As labetadas de larpeiros con mandil
23.20€ CON IVE
As receitas de A VOLTAS CO PRATO
9788411763417
22.10€ CON IVE
Cociñando ao pé da letra
coci
23.20€ CON IVE
Cociñando con Benigno Campos
Cociñando con Benigno Campos
23.20€ CON IVE