
(Bamiro, Vimianzo, 1975) é autor dos poemarios Plan de fuga (2008) e Crónica do chan (2014). En narrativa, publicou a novela breve Unha puta percorre Europa (2008), Sidecar (2009) e a novela Da máquina (2012).
No ano 2021 gañou o Premio García Barros de Novela coa obra Pazo de inverno.
Entre 2015 e 2019 foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados no Concello da Coruña.