Estás aquí:

Código: 1970

Catro historias de emigrantes

22,95  IVE INCLUIDO
Existe outra Galicia fóra de Galicia... Sempre existiu... Manuel Losa, emigrante el mesmo, conta en "Catro historias de emigrantes" como se xestou esa comunidade de galegos no exterior.
A través das biografías de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", Eduardo Martínez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel García García.

O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que
teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos
centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral.

Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense
a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 210
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 08/06/2009
Dimensións 13,5 x 21 cm mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-196-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Losa, Manuel
losa

Manuel Losa Rocha (Santiago de Compostela, 1940) emigra coa súa familia a Montevideo, Uruguai, en 1953. Libreiro e editor, é socio fundador do Patronato da Cultura Galega e foi integrante do consello directivo do Centro Gallego de Montevideo e do consello directivo da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai. É autor dos libros Relato dun emigrante… de Santiago de Compostela a Montevideo, O vendedor de libros e Don Xesús Canabal Fuentes. Fillo predilecto de O Pino.

As súas obras

Catro historias de emigrantes
catro
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE