Estás aquí:

Código: 709

Canta de cerca a morte

esgotado

Gañador da terceira edición do Premio Martín Codax de poesía 1994

é o libro gañador da terceira edición do Premio Martín Codax de poesía. Na súa primera parte é un grupo de sonetos que compoñen unha elexía ó pai morto, motivo que serve ó poeta para erguer un canto dolorido e fondo á vida campesiña e ó orgullo das raíces labregas. Outra experiencia tráxica golpea a segunda parte e orixina un lamento abraiado diante do poder perpeuto e universal da morte fronte ó que só se pode opoñer o grande e feble consolo do amor no que se resolve a terceira parte. Destacan nestes poemas o equilibro entre forma e ton, distante de calquera énfase que non sexa o emocional, unha coidada selección léxica e a reformulación de tópicos da poesía elexiaca e de tema campesiño que se inscriben con naturalidade no relato poético.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 104
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 13/06/2004
Dimensións 157 x 135 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 25
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-911-2
Observacións:

AUTORES/AS

Cabana, Darío Xohán
dario

Naceu en 1952 na aldea de Roás, no concello lugués de Cospeito, e finou no mes de novembro de 2021. Era funcionario no Concello de Lugo, onde se dedicaba á xestión de asuntos culturais.

Faleceu en 2021 no domicilio de Romeán aos 69 anos de idade.

Sendo moi novo, nos primeiros anos setenta do século pasado, iniciouse no labor editorial en Edicións Castrelos, da man Xosé María Álvarez Blázquez, a quen dedicou a biografía Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (2008).

Autor dunha extensa e relevante obra literaria que abrangue a poesía, a narrativa (en ambos os xéneros tamén tivo gran presenza na literatura infantil e xuvenil), o ensaio e a tradución. A súa obra foi merecente de numerosos premios.

En Galaxia publicou os poemarios:

Cantigas de amor vilao (1987).

Canta de cerca a morte (1994) (Premio de poesía Martín Codax 1994)

Cabalgada na brétema (2006).

En literatura infantil e xuvenil:

As viaxes do Príncipe Azul (1993).

Dende o Himalaia a Ceilán (2004).

O castrón de ouro (2007). (Premio Barco de Vapor 1993)

Como tradutor:

Antoloxía do Doce Estilo Novo (2004).

Xácome o fatalista, de Denis Diderot (2021).

Claudine na escola, de Colette (2022).

Editorial Galaxia tamén distribúe as publicacións de Edicións da Curuxa, coas súas traducións de:

Os trobadores da Occitania (2011).

Cancioneiro, de Francesco Petrarca (2012).

A divina comedia, de Dante Alighieri  (2014).

As traducións de Dante e Petrarca foron galardoadas en 1991 coa Medalla de ouro do concello de Florencia.

As súas obras

Dende o Himalaia a Ceilán
9788482887470
3.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
18.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
12.90€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.00€ CON IVE
Antese
9788491517870
12.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
13.95€ CON IVE
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas
9788491519447
13.95€ CON IVE
Biscoito de laranxa
9788411762205
12.65€ CON IVE