Escoller onde buscar

Cabana , Darío Xohán

dario
Cabana , Darío Xohán

Naceu en 1952 na aldea de Roás, no concello lugués de Cospeito e finou no mes de novembro de 2021. Era funcionario no Concello de Lugo, onde se dedicaba á xestión de asuntos culturais. Comezou a súa xa longa andaina literaria no ámbito da poesía, con libros como Romanceiro da Terra Chá (1973), Ábrelle a porta ó día (1981), A fraga amurallada (1983), ou Amor e tempo liso (1988), entre outros.

A narrativa é na actualidade a súa ocupación preferente. Neste xénero deu nos últimos anos varios títulos, entre os que figuran Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), As aventuras de Breogán Folgueira (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996) e Inés e a cadela sabia (2000). Tamén goza Cabana de merecida sona como tradutor polas súas versións galegas do Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia e Vida nova de Dante.

En maio de 2006 publica con Galaxia o poemario Cabalgada na brétema.

As súas obras

As viaxes do Príncipe Azul
as viaxes do principe
11.50€ CON IVE
O castrón de ouro
castron
11.40€ CON IVE
Cabalgada na brétema
cabalgada
12.00€ CON IVE
Dende o Himalaia a Ceilán
dende himalaia
descatalogado