En outubro de 2003, o Museo do Mar de Vigo produciu o proxecto "A Mares". Nel participaron dez autores que achegaron diferentes miradas sobre o mar, recollidas todas elas neste volume. Luísa Castro, Suso de Toro, Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Jesús Ferrero, Rosa Regás, J. M. Caballero Bonald, Manuel Vicent, Zoé Valdés e A. Bryce Echenique conforman o excelente grupo de autores que participaron no proxecto.