Estás aquí:

Código: 19110

As vellas de mens

14,50  IVE INCLUIDO

LETRAS GALEGAS 2025

Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das “Vellas de Mens” desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias.

Relátanos como foi posible que unhas mulleres labregas xa maiores se integrasen nunha agrupación folclórica por espazo de tanto tempo, quen eran, cal era a súa contorna, os seu devezos e o que significaron para o eido folclórico galego. O seu legado.

Unha obra imprescindible para coñecer máis fondamente o noso folclore e unhas mulleres senlleiras neste ámbito.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 218
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 26/03/2025
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-394-3
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández Pensado, José Manuel
José Manuel Fernández Pensado

(Manel de Aturuxo) (Porto do Son, 1946). En 1969 ingresou na Agrupación Folklórica Aturuxo, onde, entre outros cargos, foi vogal da xunta directiva, responsable do corpo de baile, presidente e, actualmente, presidente de honra.

Tamén formou parte da Federación Galega de Grupos de Danza, en representación da súa agrupación, exercendo de vicepresidente varios anos e de presidente en funcións, séndolle outorgada a primeira Medalla de Ouro da Federación en 2001.

Recibiu a Medalla de Prata Marcial del Adalid pola Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario en 1998.

 

As súas obras

As vellas de mens
9788411763943
14.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.85€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
12.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
3.00€ CON IVE
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
3.00€ CON IVE
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
10.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
10.30€ CON IVE