Estás aquí:

Código: 19239

Argonautas no labirinto

26,00  IVE INCLUIDO

III PREMIO DE NOVELA CAMIÑO DE SANTIAGO 2025

Un día, ao espertar, Argus descobre que perdeu a memoria. Con paciencia e enxeño, emprende a aventura de recuperala, acompañado en tan complicada empresa de Runa e Rodri, os seus dous Erres favoritos.

Os seus descubrimentos e confidencias fortalecerán a amizade do trío, de par que lles abrirán a porta a unha exploración do Camiño de Santiago ateigada de enigmas, onde as construcións e andanzas dos seus antigos protectores, os cabaleiros templarios, e o ancestral xogo da oca proporcionarán valiosas pistas.

A eles uniráselles un grupo de novos alumnos na procura do maior dos tesouros: o coñecemento, tanto o do ser humano, reflexo da nosa esencia e evolución, como o coñecemento íntimo, dun mesmo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 424
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 10/10/2025
Dimensións 150 x 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 525
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-501-5
Observacións:

AUTORES/AS

García Calderón, Fernando
Fernando García Calderón

(Sevilla, 1959) é escritor e enxeñeiro de Camiños. Comezou a súa andaina literaria no conto, con numerosos premios en certames literarios, que deron ao prelo catro volúmenes, que culminan con La sonrisa del observador (2024). 

As súas dúas primeiras novelas, El vuelo de los halcones en la noche (1998) e El hombre más perseguido (1999), fixéronse merecedoras dos premios Félix Urabayen e Ateneo-Ciudad de Valladolid. Cun corpo narrativo que abarca desde os claroscuros do século XV ata as sombras do noso airado presente, é autor, ademais, das celebradas obras La judía más hermosa (2006, revisitada en 2023) e Los espacios efímeros (2024).

Argonautas no labirinto é a súa duodécima novela. www. fernandogarciacalderon.com 

As súas obras

Argonautas no labirinto
Argonautas no labirinto
26.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE