Aqueles días en que eramos malasInma López SilvaUnha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasAntonio García Teijeiro e Inma López Silva presentan as súas novas novelas en Vigo2016-07-05 09:53:30 Presentación da nova novela de Inma López Silva en Bertamiráns2016-09-19 08:21:58
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||||||
|