Antonio García Teijeiro e Inma López Silva presentan as súas novas novelas en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Inma López Silva e o escritor Antonio García Teijeiro presentarán o luns as súas novas novelas publicadas na nosa editorial, no marco dos actos que Galaxia desenvolve na Feira do Libro de Vigo.
Así, ás 19 horas, Antonio García Teijeiro, que tamén pronuncia o pregón inaugural este venres ás 12'45 horas, estará acompañado polo editor Francisco Castro para presentar 'Raiolas de sol'.
Ás 19,45, será o momento de Inma López Silva que o fará acompañada da xornalista e escritora María Xosé Porteiro e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. 'Aqueles días en que eramos malas' é, en palabras da propia autora, a súa novela máis ambiciosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email