Continúan os actos da Editorial Galaxia dentro da Feira do Libro de Vigo.
A proposta para hoxe martes abrangue a todas as idades pois principiaremos ás 19 horas coa presentación do libro-disco AS ANDANZAS DE PAIO a cargo do grupo vigués Oviravai. Participarán dous dos seus membros, Verónica Santalices e Federico Welicki, quen, en acústico, interpretarán algúns dos temas presentes neste o seu primeiro traballo na colección Sonárbore.
Ás 19.45, presentaremos o libro 'Camilo Nogueira. Pensar Galicia. Pensar o mundo'. Logo da entrega do Premio Trasalba de hai dous domingos, presentamos o libro-homenaxe na cidade natal de Camilo Nogueira nun acto no que tamén participarán Fernando Randulfe, Ana Gandón e Víctor F. Freixanes.