Fin de semana de vermú, larpeiradas, peixes e mariscos en Ribadeo

Categoría: Nova

A participación da Editorial Galaxia durante esta fin de semana na Feira do Libro de Ribadeo ten un algo culinario ou, cando menos, de mesa e mantel. Porque os tres actos que organizamos alí implican a mesa e o mantel.
Mañá sábado, o escritor Francisco Castro participará, ás 13 horas e acompañado polo concelleiro de cultura, o tamén escritor Farruco Graña, nun vermú literario que servirá para falar do seu libro 'Amor é unha palabra coma outra calquera'.
Ao día seguinte, o domingo, a reposteira do programa LARPEIROS da TVG, Merchi Rodal, ás 12,30, conversará cos asistentes sobre todo o relacionado coas receitas presentes nos seus dous libros de sobremesas publicados en Galaxia.
Logo, pola tarde, será o momento de Benigno Campos, ás 18.30, quen presentará o seu novo receitario 'Peixes e mariscos'.
Ambos os dous profesionais da cociña serán presentados polo director comercial de Galaxia, Xulio Amigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email