Premio Concepción Arenal de Investigación
en Humanidades, 2016
Calquera estudoso da filosofía que quixese acometer unha hipotética “Anatomía do pensar” non se sentiría satisfeito unicamente co estudo dos elementos discursivos que utilizamos como base do pensamento, tarefa que emprende o autor no primeiro volume desta obra. É imprescindible coñecer tamén como se entreteceron ao longo da historia
a recepción e a interpretación das ideas filosóficas que viaxaron no interior das obras escritas. No proceso de lectura e interpretación volven á vida as ideas e conceptos aos que a escritura lles regalou o don da eternidade.
O autor reconstrúe neste libro a historia das interpretación filosóficas, creando, se cadra involuntariamente, unha historia alternativa da filosofía.

(Raxó – Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titor da UNED de Pontevedra. Foi director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social e vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Realizou estudos de Posgrado en París e Chicago con Paul Ricoeur e foi profesor visitante en varias universidades estranxeiras.
Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondnete da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012)
En 2015 recibiu o Premio de ensaio “Manuel Murguía” da Deputación da Coruña e, en 2016, o de Investigación en Humanidades “Concepción Arenal”, do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña.
Os seus libros e artigos científicos está traducidos a numerosas linguas.