Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades, 2016
Este primeiro volume de Anatomía do pensar dedícase ao estudo do discurso filosófico. O autor realiza unha peculiar disección dos elementos constitutivos do discurso. Busca a abstracción, pero non é quen de liberarse da metáfora. Aspira á universalidade, pero está unido á singularidade do seu autor. Un discurso que, para ser estudado, esixe a elaboración doutro discurso, un filosofar sobre o filosofar. O filósofo non pode separar o seu discurso da realidade, tampouco de si mesmo, porqueo ser humano non se limita a vivir e a pensar senón que, ademais, escribe a súa vida e pensamento. E escríbeo a través da máis fermosa utopía: o discurso filosófico.

(Raxó – Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titor da UNED de Pontevedra. Foi director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social e vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Realizou estudos de Posgrado en París e Chicago con Paul Ricoeur e foi profesor visitante en varias universidades estranxeiras.
Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondnete da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012)
En 2015 recibiu o Premio de ensaio “Manuel Murguía” da Deputación da Coruña e, en 2016, o de Investigación en Humanidades “Concepción Arenal”, do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña.
Os seus libros e artigos científicos está traducidos a numerosas linguas.