A vida e obra de Xaquín LorenzoXosé Manuel González ReboredoUnha oportunidade para redescubrir a traxectoria dun home que traballou a prol da conservación e mellor coñecemento da cultura popular galega. Neste libro, González Reboredo traza un completo retrato da personalidade de Xaquín Lorenzo, etnógrafo ourensán homenaxeado en 2004 co Día das Letras Galegas. Analiza a súa obra dun xeito rigoroso, facéndoa comprensible para o profano, cun especial coidado en salientar o seu significado esencial para o desenvolvemento dos estudios etnográficos galegos e para a divulgación da nosa cultura popular. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|