Esta guía amosa un catálogo moi completo dos festexos máis famosos e con máis tradición en Galicia.
Con máis de 200 fotografías a toda cor e mapas de localización, esta guía dá información cumprida das diversas festas que se celebran na nosa xeografía: festas do ciclo anual, romarías, festas patronais e de advocacións, festas laicas… Inclúe cadros informativos, índice analítico e bibliografía seleccionada.

(Vigo, 1948) é autor dunha obra literaria cuxos principais esteos están marcados por poemarios como Informe da gavilla (Galaxia, 1980), A fraga prateada (Galaxia, 1983), A cámara de névoa (1989), Palavras a Espártaco (2015) e 1968 (2018), textos narrativos como Os xenerais de África (Galaxia, 1999), Os nomes da morte (Galaxia, 2002), Os espellos do tempo (Galaxia, 2008) e O soño (re)dirixido (Galaxia, 2010). Alén disto, publicou escritos ao redor da cultura tradicional galega, como Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (Galaxia, 1998) e Mitoloxía de Galiza (Galaxia, 2011), a divulgación (Guía do norte de Portugal, Galaxia, 2001) e o ensaio Da identidade á norma (2017, en colaboración con Nicolás Xamardo). Como estudoso da fotografía deu ao prelo Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (2002) e Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (Galaxia, 2022), ademais de estudos, en colaboración, sobre Augusto Pacheco e a liñaxe fotográfica dos Llanos, así como artigos en revistas galegas e estranxeiras. Posúe os premios Esquío, da Crítica española e Irmandade do Libro.
Foto do auto © Distrito Xermar

Naceu en Lugo en 1946. Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da etnografía e antropoloxía cultural. Discípulo de Fermín Bouza-Brey, está vencellado ao Museo do Pobo Galego e á sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Foi o coordenador da obra Galicia Antropoloxía (1997) e autor da Guía das festas populares de Galicia. Polo recoñecemento que obtivo dos lectores, tamén cómpre salientar entre as súas numerosas publicacións a edición das Lendas galegas de tradición oral (1995), da que en 2006 Galaxia presentou a oitava edición. En 2004 presentou un libro co título Vida e obra de Xaquín Lorenzo, coincidindo coa dedicatoria do Día das Letras Galegas ao etnógrafo ourensán.