Estás aquí:

Código: 821

Guía da Arquitectura Galega

3,00  IVE INCLUIDO

Un paseo histórico polas linguaxes e as mensaxes da arquitectura galega: dende Santa Comba de Bande ata a cidade xardín da Coruña.

Esta guía ofrece unha nova e orixinal visión do devir histórico da arquitectura galega e da súa relación coa sociedade que a produce: mosteiros e teatros, muíños e catedrais, pazos e mercados, concellos e edificios militares… Conta con máis de cen fotografías e cincuenta debuxos de plantas e seccións, así como glosarios ao peche de cada capítulo con definicións dos principais vocábulos arquitectónicos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 224
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/10/1999
Dimensións 125 x 221 mm.
Colección: Guías
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-186-7
Observacións:

AUTORES/AS

Soraluce Blond, José Ramón
soraluce

Catedrático de Composición Arquitectónica (Historia da Arte) do Departamento de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Cursou os estudos de Arquitectura na Escola de Arquitectura de Madrid, onde obtivo o título en 1976, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela.
Formou parte do profesorado da E.T.S.A. da Coruña dende os primeiros anos da súa creación, impartindo docencia de Debuxo Arquitectónico e Historia da Arte, así como de numerosos programas de Doutoramento e Cursos de Posgrao Universitario. Dirixiu teses de doutoramento sobre arquitectura de Galicia, impartindo igualmente docencia na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña en materias de Conservación do Patrimonio.

Dirixe a Universidade Senior. Codirixe varios proxectos de investigación relativos ao inventario e á catalogación do patrimonio arquitectónico e etnográfico dos concellos da provincia da Coruña, con financiamento da Excma. Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.

É Académico Numerario da Real Academia Galega das Belas Artes na sección de Arquitectura. Igualmente é Académico Correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando de Madrid e de San Jorge de Cataluña, así como membro electo do Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses.
Ocupou os cargos de Vicerrector de Extensión Universitaria (1990-1997), Vicerrector de Infraestructuras e Servicios (1999-2001) e Presidente da Comisión de Publicacións desta Universidade.
Foi adxunto do Rector para Infraestructuras e director da Universidade Senior (2001 e 2004).

Exerce profesionalmente a súa actividade como Arquitecto, realizando obras de iniciativa pública e privada, así como intervencións de restauración e rehabilitación en diversos monumentos galegos.

Pola publicación dunha serie de artigos de divulgación sobre a arquitectura galega, no diario "La Voz de Galicia" durante os anos 1993 e 1994, obtivo o Premio de Comunicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Conta cunha ampla bibliografía repartida en numerosos artigos, actas de Congresos e monografías sobre a arquitectura española e galega en particular.

As súas obras

Guía da Arquitectura Galega
foto
3.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Guías

A cociña do Merlín
a cociña do merlin
19.50€ CON IVE
Faros de Galicia
faros de galicia
21.50€ CON IVE
Guía da Arquitectura Galega
foto
3.00€ CON IVE
Guía da Ribeira Sacra
g ribeira sacra
3.00€ CON IVE
Guía de balnearios e fontes de Galicia
balnearios
32.75€ CON IVE
Guía de casas rurais de Galicia
foto
18.50€ CON IVE
Guía de festas populares de Galicia
festas
3.00€ CON IVE
Guía de iniciación á natureza
iniciacion a natureza
3.00€ CON IVE