Unha completa guía que amosa con profundidade as zonas de augas termais e balnearios das catro provincias galegas.
Con máis de 200 fotografías a cor, esta guía aproxímase tanto aos grandes balnearios de Galicia como ás pequenas fontes, complentando un instrumento imprescindible para coñecer as mellores augas do país. Inclúe mapas de localización das fontes, roteiros e lugares de interese. Xunto a unha breve historia do termalismo en Galicia, a guía inclúe datos da composición das augas e indicacións terapéuticas, polo que resulta moi recomendable para que os amantes do termalismo teñan unha idea clara e concisa do que Galicia lles ofrece.
Director médico do balneario da Toxa, ademais de escribir a Guía de balneairos e fontes de Galicia, ten participado como relator en diversos cursos sobre medicina e termalismo.
Esta páxina emprega cookies para asegurar que lle damos a mellor experiencia ás usuarias e usuarios do noso sitio web. Se continúa a utilizar este sitio enténdese que está de acordo con esta política.Estou de acordoPolítica de Privacidade