Unha vertixinosa aventura entre o misterio e as ciencias
Cando Aurelio vai ter un pequeno irmán e os seus pais van ó hospital, queda ó coidado da súa tía. Pero esta, enganchada a Internet, non lle presta moita atención. Aurelio, sen dubidar moito, escapa cun amigo seu, Filloa, á Casa das Ciencias da Coruña. Alí coñecen a un personaxe bastante estraño, do que non saben moi ben qué pensar. De súpeto e por despiste quedan pechados no museo.
Naceu en Granada como o rei Boabdil e o poeta Federico García Lorca. Estudou xornalismo en Pamplona xa hai algún tempo e leva vivindo en Galicia varios anos. A súa verdadeira vocación, antes que ningunha outra, é a de lectora. Gústalle tanto ler que inventa historias e as escribe só polo pracer de lelas despois. Ela di que a unha illa deserta levaría papel e lapis, algo para protexer a súa cabeza do sol e un teléfono móbil para non deixar desatendida a toda a xente que quere.