A iniciación no amor e na dor dunha rapaza de catorce anos que vén de facer un descubrimento terrible sobre si mesma
O mundo creado por Mosteiro nesta narración céntrase no triángulo amoroso arredor do cal circulan personaxes moi variopintos. Irene caerá no abismo da tristeza e a confusión, pero tamén será capaz de saír á luz e respirar un aire novo.
Carlos Mosteiro naceu en 1955 (finou no mes de xullo de 2017). Era novembro e xoves, ás oito da tarde, día tres. Foi en Santo Andrés de Xeve. A súa nenez era feliz. Tiña unha nai marabillosa que non tiña negro na súa paleta de cores de pintora da vida. Nos días previos ó nacemento do seu fillo andou a rezar día e noite e a untar a barriga con non se sabe qué herbas, para que o Carlos non viñese ó mundo no día de defuntos. Ten tantas lembranzas daquela época que non collerían nesta páxina… E logo e de súpeto os anos, os anos que empezan a pasar a velocidade de vertixe; maxisterio, escola, moitos lugares diferentes en pouco tempo: Tui, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Moraña e finalmente, a Pobra do Caramiñal. E despois Lourdes e logo Lourdes outra vez e agora Lourdes aínda. E dous elementos -queridos e imprescindibles- que lle enchen a casa de ruídos e que non o deixan a penas escribir: Xoán Silverio e Antía.