Estás aquí:

Código: 173

A orella no buraco

esgotado
Unha novela innovadora, que trasladou en 1965 á narrativa galega os postulados modernos do Nouveau Roman francés.
A orella no buraco é o relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea. Pero ademais diso é un experimento formal na busca da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade europea do momento. Esta é unha das máis importantes novelas do que foi a Nova Narrativa Galega, que deu novos folgos ás nosas letras nos anos sesenta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 124
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/06/1984
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-475-9
Observacións:

AUTORES/AS

Queizán, María Xosé
maria

Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.

Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro Pen de Galicia e o Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.

As súas obras

A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE