A orella no buraco, publicada en 1965, foi unha novela innovadora que trasladou á literatura galega os postulados do Nouveau Roman francés, achegándonos un relato do vagar dun personaxe marxinal por unha cidade europea. Alén disto, tamén é un experimento formal na procura da renovación da literatura do país e do seu achegamento á modernidade do momento, o que a converte nunha das máis importantes obras da Nova Narrativa Galega, que deu novos folgos ás nosas letras nos anos sesenta do século XX

Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.
Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro Pen de Galicia e o Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.