Estás aquí:

Código: 19339

A NOIVA CUÁNTICA

21,50  IVE INCLUIDO

Nas rúas da cidade de San Francisco xa non hai xente amable con flores no cabelo, como dicía aquela vella canción. Malia sabelo ben, Paul Rothko aventúrase nun estraño traballo como acompañante de singles contratado pola axencia Good Friend. Seguímolo durante os seus excepcionais servizos, vémolo pasar dunha clienta a outra e mesmo facerse cargo dunha nena de sete anos con máis sentido común ca os adultos que a rodean, mentres lida cunha noiva imprevisible que aparece e desaparece da súa vida sen avisar.

Con humor, ironía e abondosas referencias cinematográficas, Cid Cabido fainos reflexionar sobre diversos aspectos da actual sociedade global: a soidade e a incomunicación nas grandes cidades, a mercantilización das relacións persoais, a nova distribución de roles entre homes e mulleres, a evolución da arte contemporánea ante os cambios de mentalidade, a revisión do concepto de amor romántico, o impacto das redes sociais nos costumes…

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 256
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/03/2026
Dimensións 270 x 185 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 533
Edición: 1ª ediciónª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-576-3
Observacións:

AUTORES/AS

Cid Cabido, Xosé
Cid Cabido

(Xunqueira de Ambía, 1959) é unha das voces máis innovadoras e vangardistas da narrativa galega. No conxunto da súa obra destaca o libro de relatos Días contados (1991), as novelas grupo abeliano (Premio Blanco Amor 1999), Unha historia que non vou contar (2009) e Tres pintores (Premio Ánxel Fole 2018).

A noiva cuántica é o seu regreso literario tras un silencio de oito anos.

As súas obras

A NOIVA CUÁNTICA
A noiva cuantica
21.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE