Presentouse A BRUXA DISCORDIA en Compostela

Categoría: Nova

O Centro Sociocultural de Fontiñas foi o escenario elixido o pasado xoves por Mamá Cabra e a Editorial Galaxia para presentar o novo traballo da formación musical titulada A BRUXA DISCORDIA.
En primeiro lugar, celebrouse a rolda de prensa na que Gloria M. Roel, cantante e compositora do grupo e Francisco Castro, editor do libro que tamén inclúe un conto da escritora Carmen Gil, explicaron aos xornalistas alí concentrados as particularidades deste novo traballo que se centra na paz.
A continuación, Mamá Cabra ofreceu un concerto diante de 150 cativas e cativos que, acompañados das súas profesoras, non deixaron de cantar e bailar en ningún momento.
No noso blogue deixamos galería fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email