O libro de Merchi Rodal presentouse en Bueu e Allariz

Categoría: Nova

O venres foi en Bueu nun acto organizado pola Librería Miranda, e no que a autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro; o sábado, n'A Despensa de Alarico de Allariz e coa compaña do representante da editorial, Fernando Fernández. Merchi Rodal paseou as súas receitas do seu segundo libro, NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ, polo país adiante.
No noso blogue deixamos galería fotográfica destas gorentosas xornadas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email