Onte no Consello da Cultura Galega e no marco dunhas xornadas arredor de Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena no marco de cadanseu centenario, Henrique Monteagudo presentou a fotobiografía dedicada a un dos fundadores da nosa editorial.
Esta publicación é un exemplo da colaboración entre entidades xa que nela participaron a Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Penzol representados nas figuras de Valentín García, Pilar Rojo, Ramón Villares e Francisco Domínguez. O propio Monteagudo explicou que, á falta dunha biografía oficial de Piñeiro, elaborou un libro no que "é o Piñeiro o que fala, e faino a través das entrevistas que foi concedendo en vida". Ese fío narrativo foi completado con debuxos, caricaturas e imaxes de diferentes autores así como textos do propio Monteagudo.