Presentación do novo receitario de Merchi Rodal en Vilagarcía

Categoría: Nova

Logo da presentación onte en Pontevedra do seu novo receitario de sobremesas, a reposteira do programa da TVG, 'Larpeiros', presentará o seu novo traballo NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ acompañada do editor Francisco Castro. O acto desenvolverase en Espazo Lector Nobel de Vilagarcía ás 19.30 h.
En "Novas lambetadas dunha larpeira feliz" recóllese un amplo abano de especialidades, desde biscoitos e madalenas, pasando por chocolates, mousses e flans, ata galletas, tortas e pasteis ou mesmo marmeladas.
Tras levar cinco edicións co seu primeiro exemplar ("As lambetadas de Larpeiros"), este novo libro de repostería descóbrese como un completo receitario, con orixinais combinacións de ingredientes e doces espectaculares.

Comparte nas túas redes sociais ou por email