Finou en Lisboa Antonio Tabucchi

Categoría: Nova

Onte finou, levado por un cancro contra o que batallou duramente, o escritor italiano Antonio Tabucchi, afincado en Portugal dende hai moitos anos. Precisamente no país luso acontece a trama da novela que o faría muldialmente coñecido en todo o mundo, 'Afirma Pereira' e que a nosa editorial publicou no ano 1994. Ademais da calidade obxectiva da novela, de gorentosa forza estilística, o cine, ao encarnar ao protagonista o tamén inesquecible Marcelo Mastroianni, axudou a espallar o nome dun autor que nos deixaría aínda textos de altura coma 'Tristano morre', tamén publicado por nós ou 'Nouturno Hindú'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email