Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas… Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL aborda un tema de especial actualidade.
María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un número de GRIAL dende unha ollada decididamente feminista. Canda elas, participan como ensaístas Lourdes Méndez, Raquel Osborne, Sara Barrón López, Jorge Sacido Romero, María Reimóndez e Xosé M. Buxán.
Os lectores e as lectoras de GRIAL teñen diante de si, unha vez máis, unha fiestra aberta ás grandes cuestións do mundo dende unha mirada propia. Unha conversa con Celia Amorós, coñecida militante feminista, catedrática de Filosofía e Política, complementa este número, xunto cun ensaio de Susana Reboreda, profesora da Universidade de Vigo, sobre o Amor nos textos Homéricos que de seguro interesará e, en certa maneira, está relacionado co asunto central desta entrega 176 da revista.