Mañá, ás 10 da mañá (hora local), na cidade de Buenos Aires, presentaremos o proxecto Mar Maior para todo o sector profesional libreiro arxentino, ou sexa, aos distrbuidores, editores e libreiros. Interveñen no acto Carlos Brandeiro, presidente de Mar Maior, a escritora Maria Rosa Lojo, Nelly Espiño e Víctor F. Freixanes, director xeral do selo.
Mar Maior busca romper fronteiras e axudar a consolidar a literatura galega no mundo. En primeiro lugar, en castelán, mais axiña en portugues e sen renunciar a ningunha aposta lingüística internacional. Para competir con outras culturas e outros idiomas. Da mán de clásicos galegos, Cunqueiro, Blanco Amor ou Rosalia. Pero tamén de autores contemporaneos, Begoña Caamaño ou Xulia Alonso.
A aventura comeza. A editorial dos galegos no mundo empeza a navegar.