A escritora Mercedes Queixas Zas continúa coa súa xira de presentacións da biografía de Manuel María, "Labrego con algo de poeta". Desta volta recalará na Librería Suévia da Coruña desta obra na que vai entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.