O escritor Xosé Luís Franco Grande presenta este xoves ás 20 h. na Casa do Libro de Vigo o seu novo poemario XOGUETES DO TEMPO. Estará acompañado por Xesús Alonso Montero, presidente da RAG e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Sobre este libro, o crítico X. Ricardo Losada dicía hai uns días en CAFÉ BARBANTIA: "Xoguetes do tempo é así unha marabillosa reflexión sobre o tempo e a identidade. Unha emoción contida, agnóstica, pero de silencioso pasmo metafísico, que calquera lector, sexa da idade que sexa, pode apreciar pois, como dicía Montaigne, todos estamos á mesma distancia da morte, e como di Franco Grande: "Pero a música volve / e unha vez máis sentímonos / afastados dos chanzos derradeiros como se tan só a música existise".