Segunda edición para O MEU PESADELO FAVORITO

Categoría: Nova

O venres recibiamos a boa nova de que o libro de María Solar, O MEU PESADELO FAVORITO viña de ser recoñecido polas lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias como o Mellor Libro Infantil do ano pasado. A noticia non nos colleu de sopresa pois sabemos da calidade desta historia que publicamos na nosa colección Árbore 12 anos e que en 2014 gañou o Premio Lazarillo e tamén no pasado 2015, entraba nos exquisitos White Ravens que recoñece os mellores libros do mundo na súa categoría.
Así pois, que teñamos que tirar unha segunda edición do prelo semella algo lóxico para un libro de longuísimo percorrido que está comezando a ser, dalqunha forma, un pequeno gran clásico das nosas letras para xente miúda.

Comparte nas túas redes sociais ou por email