Defensa de tese de doutoramento na USC sobre Editorial Galaxia

Categoría: Nova

Un proxecto estratéxico perfectamente deseñado pola resistencia galeguista a prol da defensa e recuperación da cultura galega despois da guerra civil. Proxecto cultural e en gran medida político, que se foi materializado nunha amplia rede de relacións, dentro e fóra de Galicia, e ao cal debemos gran parte do discurso da nosa identidade cultural contemporámea. Así definiu a doctoranda Malores Villanueva, o seu obxecto de estudo: "A editorial Galaxia. Proxecto e Traxectoria, 1950.1963".
Máis de 600 páxinas, cunha extraordinaria achega de documentos de primeira man (consulta de arquivos, fondos públicos e privados, correspondencia, xornais da época. documentación adminisrativa), para reconstruir e valorar a etapa fundacional da editora, dende 1950 ata 1963, data da que o realidade política da ditadura franquista permite una nova xeira de producción e expresión. Capítulo especialmente significativo da nosa historia.máis próxima.
O tribunal, presidido polo catedrático emérito Xesús Alonso Montero, e no que participaron os profesores Xosé Manuel Salgado, Ana Acuña Trabazo, X.M. Dasilva Fernández e María Xesús Lama, concedeu ao traballo de María Dolores Villanueva, dirixido polo profesor Henrique Monteagudo, a máxima cualificación.
Galaxia concebiuse dende o primeiro momento como un proxecto de intervención social a prol do galeguismo en momentos certamente difíciles para a cultura e a linua galegas. "A reinvención da cultura galega", en palabras de Alonso Montero, con referencias moi específicas aos fundadores: Otero Pedrayo, Ramon Piñeiro, Francisco Fernández del Riegu e Xaime Isla Couto, que se declaraban continuadores do capital simbólico da Xeración Nós.
A nova doutora salientou sete grandes obxectivos estratéxicos que dende o primeiro momento presidiron o proxecto Galaxia: a conexión do galeguismo co mundo posible, dentro e fóra de Galicia; a construcción dunha rede eficaz de relacións para recuperar os axentes máis activos do galeguismo da época; conexión coas novas xeracións; atención a novas formas de creación (ensaio, estudos económicos, etc.); autonomía cultural; apoio humano e económico a iniciaivas a prol da cultura de Galicia, e defensa pola dignididade e uso da lingua galega.
Agardamos a publicación dun traballo que sen dúbida virá enriquecer o patrimonio cultural galego.
No noso blogue deixamos crónica completa fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email