Presentación do libro PEL CON PEL en Santiago

Categoría: Nova

Este domingo presentaremos en Santiago o libro 'Pel con pel', que recolle case que corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactación Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia.
No acto participarán algúns dos autores dos textos que acompañan a publicación. Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e Alfredo Ferreiro recitarán os seus textos escritos para o libro, no que tamén participan Xosé María Álvarez Cáccamo, Román Raña, e Yolanda Castaño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email