20 editoras galegas presentarán as súas novidades na Feira do Libro de Frankfurt

Categoría: Nova

Un stand de más de 60 metros cadrados compartido pola Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores permitirá presentar na Feira Internacional do Libro de Frankfurt 2010, entre o 6 e o 10 de outubro, as novidades dun total de 20 editorais galegas. Cunha orientación profesional de primeiro nivel a Feira de Frankfurt está considerada como o evento editorial europeo máis importante do sector.

Os temas de actualidade no mundo editorial cobran importancia nos talleres, conferencias e seminarios. Cuestións como cales son os modelo de negocio futuros na edición ou como fará diñeiro esta industria na era dixital son algúns dos temas a debate que marcarán o devir da industria e nos que Galicia estará presente. Anualmente asisten á Feira de Frankfurt más de 250.000 persoas, dos que uns 150.000 son membros da industria editorial e preto de12.000, xornalistas de máis de 90 países.

O ámbito editorial galego estará representado no stand polas editoriais galegas El Patito Editorial, Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Editorial Toxosoutos, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Edicións Embora, Andavira Editora, Baía Edicións, Nova Galicia Edicións, Ideaspropias Editorial, Rinoceronte Editora, Editorial Galaxia, OQO Editora, Editorial Everest e Edicións Nigra Trea. Tamén haberá editoras con stand propio na feira: Nova Galicia Edicións (Hall 8-C984) e Kalandraka Editora (Hall 5-D923).

Antoloxía bilingüe

O venres día 8 terá lugar no stand galego a presentación internacional da obra "Antoloxía da literatura galega <1196-1981>", en edición bilingüe inglés-galego, un proxecto dirixido por Jonathan Dunne e froito da colaboración de Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia e a Consellería de Cultura e Turismo. Nesta obra reúnense 55 textos de 40 autores das letras en lingua galega, dende a cantiga medieval de Mendinho, universalmente coñecida, ata as grandes figuras do noso Rexurdimento, os creadores e pensadores agrupados na Xeración Nós, a magnífica narrativa desenvolvida no século XX, xunto cunha actividade poética do maior interese, completado todo coa eclosión das últimas décadas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email