Presentación de UNHA VIAXE POLO MUNDO NA CORUÑA

Categoría: Nova

As Maimiñas presentarán o seu novo libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto ás 18 horas.
"Unha viaxe polo mundo" conta a historia de como As Maimiñas decidiron ir unha tarde de paseo e, sen decatarse, foron chegaron a distintos países. Os nenos e nenas que asistan poderán viaxar con elas e descobrir cancións e danzas típicas inspiradas por esos lugares e compostas por elas.
Unha oportunidade de pasalo moi ben cantando e bailando con estas viaxeiras incansables.

Comparte nas túas redes sociais ou por email