Máis ecos na prensa do desembarco de Mar Maior

Categoría: Nova

Sería imposible, por longo, facer un listado completo do amplísimo eco que na prensa española e iberoamericano, ademais de na galega, tivo a presentación do proxecto Mar Maior o pasado mércores na Casa del lector de Madrid.
Entre outros moitos medios, Infohispano, Televisión de Galicia, Europapress, El Periódico, Hoy Es Arte, e outros moitos máis, quixeron celebrar a aparición deste novo selo que vai colocar, en castelán, a mellor literatura galega contemporánea e de todos os tempos.
No noso blogue deixamos máis fotos do acto e as ligazóns ás novas de prensa desta xornada, xa para nós, histórica.

Comparte nas túas redes sociais ou por email