Francisco Castro presentou TES ATA AS 10 (galería de fotos)

Onte, na Casa do Libro e acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e pola escritora Inma López Silva, o escritor Francisco Castro presentou a súa nova novela, TES ATA AS 10. No noso blogue deixamos unha completa galería fotográfica da xornada.

IV FESTIVAL POLIPOÉTICO DE VIGO, KEROUAC 2014

O sábado 25 de outubro, e coa colaboración da Editorial Galaxia entre outras entidades, terá lugar o IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo. Organizado polo espazo de lecer e cultura A Festa dos Maniquíes, coa participación de poetas e artistas de toda Galicia e resto de España. O evento desenvólvese no propio local da Festa […]

Editorial Galaxia inaugura unha nova etapa: Galaxia dixital

Editorial Galaxia vén de aprobar, en xunta xeral de accionistas, unha ampliación de capital para desenvolvementos estratéxicos. Estes desenvolvementos inclúen a creación dunha plataforma dixital para a promoción, difusión e comercialización de produtos culturais (Galaxia Dixital), sempre relacionados coa cultura galega e, inicialmente, apoiados no mundo do libro (edición en papel e descargas de e-books). […]

Coñecendo aos actores e actrices d'A Esmorga

Cando restan escasamente dúas semanas para a estrea, no Festival de Cine de Ourense, d'A Esmorga que coproducen Vía Láctea Filmes e a Editorial Galaxia, dende o facebook da película iníciase unha serie para coñecermos mellor aos actores e actrices da película. Unha interesante iniciativa da que iremos dando conta no noso blogue e que […]

Presentación da nova novela de Francisco Castro en Vigo

Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 na Casa do Libro este martes ás 20 horas acompañado pola escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A OBRA: Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final Antonio non daba creto ao […]

Samaín ou Festa de Defuntos…pero con sabor galego

Non temos por que chamarlle Halloween pois sabemos que é o Samaín. É máis: sabemos que a hollywoodiense celebración, en realidade, é unha deturpación da tradición de calacús dos días de defuntos que, dende os colonos irlandeses que chegaron a América do Norte hai moitos séculos xa. En Galica, de sempre, por estas datas de […]

A Fundación Penzol recibe dous poemas autografados de Xosé Velo Mosquera

A Fundación Penzol recibiu de Hixinio Araúxo Feijóo a doazón de dous poemas autógrafos de Xosé Velo Mosquera. Tratase da «Canzón dá Carceleiriña» e «Confirmación de fe». Xosé Velo Mosquera foi un dos galeguistas encargados de organizar as Mocidades Galeguistas en Celanova durante a II República e, durante a ditadura de Franco, participou no histórico […]