Coñecendo aos actores e actrices d'A Esmorga

Categoría: Nova

Cando restan escasamente dúas semanas para a estrea, no Festival de Cine de Ourense, d'A Esmorga que coproducen Vía Láctea Filmes e a Editorial Galaxia, dende o facebook da película iníciase unha serie para coñecermos mellor aos actores e actrices da película. Unha interesante iniciativa da que iremos dando conta no noso blogue e que hoxe traemos aquí co cuestionario feito a Melania Cruz, a actriz que interpreta á Raxada.
Ademais, os seguidores do facebook da película poden participar no sorteo dun completo pack de agasallos relacionados coa película. O único que hai que facer é compartir os cuestionarios que se irán publicando.

Comparte nas túas redes sociais ou por email