Samaín ou Festa de Defuntos…pero con sabor galego

Categoría: Nova

Non temos por que chamarlle Halloween pois sabemos que é o Samaín. É máis: sabemos que a hollywoodiense celebración, en realidade, é unha deturpación da tradición de calacús dos días de defuntos que, dende os colonos irlandeses que chegaron a América do Norte hai moitos séculos xa.
En Galica, de sempre, por estas datas de comezo de novembro, se estilou adornar os cruces de camiños con calacús, con cabazas de ollos prendidos con candeas entre o simpático e o terrorífico.
E, ademais, como no resto das xornadas festivas do ano, a nosa terra ofrece toda unha variada e completísima proposta culinaria para que cada celebración se asocie a un sabor. No caso do Samaín, unha das propostas culinarias máis tradicionais son as Chulas de Cabaza. E, para esta galdrumada, é mestra de primeira Merchi Rodal quen no seu 'As lambetadas de Larpeiros' nos ofrece esta receita e outras moitas que encherán calquera padal, por esixente que sexa, de vivo ou mesmo de defunto, de ledicia.
(foto da xornalista Raquel Atanes das Chulas de Cabaza preparadas por Merchi Rodal no programa Boas Tardes da TVG o xoves 30 de outubro)

Comparte nas túas redes sociais ou por email