Presentación de "Ramón Piñeiro. Fotobiografía"

Categoría: Nova

Henrique Monteagudo presentará o libro "Ramón Piñeiro. Fotobiografía" dentro das XORNADAS, "LINGUAS PENINSULARES HOMENAXE A RAMÓN PIÑEIRO E KOLDOMITXELENA NO SEU CENTENARIO" e que se celebrarán o 10 e 11 de decembro 2015 no Consello da Cultura Galega e que organizan, ademais desta entidade, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena comparten o feito de ser dúas figuras fundamentais nas súas respectivas culturas, a galega e a vasca, e unha traxectoria vital antifranquista que os levou a encontrarse nunha cadea madrileña nos anos corenta, onde forxaron unha amizade que mantiveron durante décadas. Ambos cumprirían neste 2015 cen anos. Unha efeméride que aproveita o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Ramón Piñeiro para lembrar a súa relevancia, a súa relación e a situación das linguas minoritarias no marco da España actual. A cita ten lugar os días 10 e 11 de decembro en Santiago.
No marco destas xornadas, presentamos esta fotobiografía que espertou grande interese no pasado Culturgal de Pontevedra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email