A presentación de "Lourenço, Xograr" de Manuel Portas, premio Manuel García Barros de Novela 2015 celebrarase o 10 de decembro ás 20,00 horas no Airas Nunes de Compostela. Ademais do autor e o editor, Víctor F. Freixanes, intervirá a crítica literaria Gracia Santorum.
No seu día, o xurado destacou a contribución da novela á divulgación da historia e literatura medieval galegas a través dunha personaxe pouco coñecida, como é o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que se observan non só os conflitos políticos que determinaron o que hoxe é Galicia, senón que tamén as vidas entretecidas das distintas clases sociais da época.