Presentación de O ÁLBUM DE GARRINCHA na Coruña

Categoría: Nova

Mañá mércores a escritora Beatriz Maceda Abeleira presentará o seu libro O ÁLBUM DE GARRINCHA acompañada polo futbolista Donato e o editor Francisco Castro. O acto celebrarase na Feira do Libro da Coruña ás 19.45.
Deste libro, o crítico literario Ramón Nicolás sinalaba hai uns días nas páxinas de La Voz de Galicia: "A figura do célebre xogador de fútbol brasileiro Garrincha que foi símbolo dun inequívoco e exitoso afán de superación, un álbum con retallos de xornal sobre a vida deste e a realidade da inmigración protagonizada por João e seus pais que se instalan en Galicia, constrúen unha suxestiva novela de protagonismo xuvenil con diversos focos de interese. Nela, a práctica do deporte convértese nunha dinámica de valor incalculable para a integración social onde non xoga un papel secundario a concepción da lectura como ventá aberta e precisa para coñecer o mundo".

Comparte nas túas redes sociais ou por email