Concerto de "Chuches Amil" na Coruña

Categoría: Nova

Mañá mércores 5 de agosto ás 20.00 horas, o grupo musical Chuches Amil dará un concerto do seu libro-disco "Un conto ao revés", editado dentro da colección Sonárbore e no marco da Semana da Música Infantil que se celebra na Feira do libro en A Coruña e que produce a nosa editorial.
No libro, ademais de poder gozar de boas músicas, achegámonos ás aventuras de Eirín e Milucha no mundo dos soños. Dous irmáns que cando se deitan a durmir inician unha viaxe fantástica na que van ir aparecendo amigos dabondo disparatados. Unha aventura singular literaria e musical.

Comparte nas túas redes sociais ou por email