A presentación do libro de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA englóbase dentro da Semana do Mar de Moaña. O acto está organizado polo Concello e pola Librería Pontillón. Será mañá martes 4 de agosto ás 21:00, no estaleiro do Casqueiro ( na rúa Concepción Arenal). A autora estará acompañada por Pablo Martínez, presidente da Asociación Sueste, por Xosé Daniel Costas, da librería O Pontillón, e polo editor Francisco Castro.
Durante a presentación proxectaranse imaxes da Moaña correspondente á época na que transcorre a acción do libro.