Concerto da Gramola Gominola na Coruña

Categoría: Nova

Dentro dos concertos da Semana da Música Infantil que produce Editorial Galaxia para a Feira do Libro da Coruña e que concentra moitas das novidades en libro-discos para a rapazada galega, este martes, ás 20 h, A GRAMOLA GOMINOLA ocupará a carpa central para ofrecernos un espectáculo baseado nos temas do seu primeiro traballo, do mesmo título, dentro da colección Sonárbore.
A GRAMOLA GOMINOLA propón unha viaxe centrada na música moderna pero adaptada ao gusto dos máis pequenos e pequenas da casa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email